Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sergas | 05/01/2022 | Recomendacións básicas para a prevención de contaxios por COVID-19

Actualización na detección e manexo de contaxios por coronavirus

A Xunta de Galicia fixo públicas as novas instrucións no caso de síntomas ou de contacto con positivos.

05/01/2022 | Galicia

A Consellería de Sanidade fixo pública unha actualización do protocolo para a detección e tratamento de casos de infección por coronavirus, e tamén para a abordaxe dos contactos estreitos.

O material informativo achega as respostas a que facer no caso de síntomas compatibles coa COVID-19 (illamento e cita médica en atención primaria ou notificación ao teléfono de información sobre o coronavirus: 881 540 045), que facer no caso de ter un test de antíxenos -con ou sen supervisión- positivo, como se vai realizar o seguimento no caso de ser positivo, ou como actuar no caso de ser un contacto estreito.
 
DESCARGA AQUÍ O FOLLETO COAS NOVAS INSTRUCIÓNS PARA PASAR DUNHA FASE DE CONTENCIÓN A UNHA DE MITIGACIÓN

O Sergas tamén lembra que cómpre manter as medidas de protección coñecidas e habituais:
 
  • Uso de máscara
  • Distancia física
  • Hixiene de mans
  • Ventilación
 
Ademais, a Xunta fixo públicas unhas recomendacións específicas para as festas do Nadal, que rematan mañá. Poden lerse aquí.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19