Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 05/10/2020 | Coronavirus

Actualización dos niveis de risco de brote de coronavirus

A caracterización e criterios foron publicados en setembro e determinan a apertura dos centros.

17/12/2020 | Galicia

O 17 de setembro a Xunta publicaba as medidas específicas que deberán adoptar os centros de día e residencias en función do risco de brotes causados pola COVID-19. Estas medidas definen o risco en función dunha serie de indicadores que se aplican xeograficamente por concellos, barrios e mesmo rúas. Desde esa data, a Xunta actualiza semanalmente -ou con maior frecuencia- as zonas de risco, que se divide en alto, medio e baixo.

Agora mesmo, desde o 17 de decembro, a situación é a seguinte:

Nivel Alto

Provincia da Coruña

Área de Ferrol: Ferrol e Narón
Boiro
Fisterra
As Pontes de García Rodríguez
Dumbría, Muxía
Vimianzo, Camariñas, Zas
Mazaricos, Negreira, Santa Comba,
Carnota
Ribeira

Provincia de Lugo

Vilalba

Provincia de Ourense

A Rúa
Sarreaus

Provincia de Pontevedra

Área de Pontevedra: Pontevedra, Vilaboa, Poio e Marín
Área de Vilagarcía de Arousa: Vilagarcía, Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis e Ribadumia
Área de Vigo: Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela
Rodeiro
Cangas, Moaña
A Guarda, Tomiño, O Rosal
Ponteareas
Sanxenxo, O Grove
Baiona, Tui

Nivel Medio

O resto de Galicia.


 

Ademais, o 4 de novembro a Xunta de Galicia presentou unha serie de novas restricións que afectan á mobilidade, ao dereito de reunión, así como a outras actividades públicas e ao réxime de apertura de establecementos de hostalería, comerciais e outros. O coidado de persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia é unha das excepcións previstas polo decreto (apartado e), punto 3, sección primeira). Estas medidas entran en vigor o 7 de novembro ás 00:00 e permanecerán vixentes durante un mes.

A Consellería de Política Social elaborou un mapa de niveis de risco por concellos de referencia para os centros residenciais sociosanitarios e para os centros de atención diúrna.

Premendo enriba de cada concello (ou escribindo o seu nome no buscador) pódese atopar actualizado o nivel de risco da zona e as medidas específicas que afectan tanto ás residencias como aos centros de día.

 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19