Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Feira Solidaria Diversiarte | 05/12/2022 | Feira Solidaria Diversiarte

ADACE Lugo participa a vindeira semana na Feira Solidaria Diversiarte

O encontro vai ter lugar do 14 ao 16 de decembro na Praza da Horta do Seminario, en Lugo.

05/12/2022 | Lugo

ADACE Lugo colabora con outras 26 entidades sociais da súa cidade na XVI edición da Feira Solidaria Diversiarte, que organiza o Concello de Lugo xunto co tecido asociativo dos ámbitos da saúde, a discapacidade e o benestar.

A asociación de dano cerebral de Lugo amosará os produtos e materiais que elaboran as súas persoas usuarias nun dos postos da feira, que se vai situar na Praza da Horta do Seminario, e que vai permanecer aberta os días 14, 15 e 16 de decembro.

O horario de apertura dos postos vai ser de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)