Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© ADACECO | 13/03/2019 | Cartel da III Xornada sobre o DCA

ADACECO dedica a como levar unha vida saudable tralo ictus a súa Xornada sobre DCA

O prazo de inscrición no encontro, que vai ter lugar o 6 de abril na Coruña, está aberto.

06/04/2019 - 06/04/2019 | A Coruña

ADACECO e a Fundación María José Jove organizan este ano a terceira edición da súa 'Xornada sobre Dano Cerebral Adquirido', que ten como título 'Vida saudable tralo ictus: abordaxe e perspectivas de futuro'.

A Xornada de ADACECO inclúe unha presentación da novela Iridium, coa que o escritor Francisco Castro colabora con FEGADACE e Alento. Baixo o epígrafe 'Iridium, literatura e realidade en torno ao DCA'. Van intervir o autor e Amparo Rodicio, neuropsicóloga da asociación de dano cerebral de Vigo, en horario de 13:30 a 13:45.

A inscrición é aberta e gratuíta e xa se pode formalizar cubrindo este formulario.

O programa completo pode consultarse aquí. Hai máis información na páxina web de ADACECO.

Lugar de celebración:

Sede da Fundación María José Jove. Edificio Work Center (Rúa Galileo Galilei, 6), A Coruña

Día: 6 de abril

Hora: 09:00 a 14:30

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)