© Radio Intercoruna | | Estudio da emisora Radio Intercoruna
ADACECO entra no mundo da radio a través do programa 'Salud y Medicina Hoy'
A asociación coruñesa vai colaborar unha vez ao mes falando sobre o DCA desde distintos puntos de vista.
O pasado día 12 de febreiro Inés Cortés, terapeuta ocupacional de ADACECO, estreou o espazo radiofónico que a emisora Radio Intercoruna vai ceder á asociación coruñesa unha vez ao mes. A emisora está presente no 87.7 do dial.
Desde febreiro, ADACECO terá unha invervención no programa 'Salud y Medicina Hoy' todos os segundos martes de mes. A próxima cita será o 12 de marzo.
'Salud y Medicina Hoy' é un programa especializado en saúde e educación, preocupado por promover os hábitos de vida saudables. Emítese ás 19:00 e dura unha hora, da que uns 20 minutos sirven para que ADACECO presente o dano cerebral desde diferentes puntos de vista. Comezaron coa terapia ocupacional, pero está previsto que interveñan máis profesionais da entidade, ademais de persoas usuarias e familiares.
O programa do 12 de febreiro está accesible na internet. Pode consultarse nesta ligazón.