Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 09/10/2019 | Terapia en ADACECO

ADACECO lanza un programa de Terapias Intensivas en Neurorrehabilitación

Consiste en seis horas diarias de tratamento durante dez días, e medio ano de seguimento posterior.

09/10/2019 | A Coruña

Terapias Intensivas en Neurorrehabilitación é un programa que ADACECO lanzou en xuño. Aínda que noutros países hai centros de tratamento intensivo que levan anos desenvolvendo o seu labor, en España estase empezando a introducir.

O obxectivo da entidade coruñesa é ofrecer rehabilitación funcional especializada mediante un programa de alta intensidade, co obxectivo principal de aumentar ao máximo a calidade de vida das persoas atendidas.

O protocolo de intervención consiste en 6 horas diarias de tratamento durante 10 días consecutivos, e seguimentos posteriores durante un periodo de 6 meses.

Resultados do programa

Este programa púxose en marcha no mes de xuño e xa atendeu a 10 persoas cuns resultados máis que positivos; por poñer un exemplo, o 100% das persoas que participaron conseguiron máis do 75% dos obxectivos que se lle formularon nun inicio; os cales se poderían englobar en aumentar a independencia nas actividades da vida diaria e mellorar a funcionalidade do hemicorpo máis afectado.

ADACECO é o único centro na provincia da Coruña que ofrece este tipo de rehabilitación, baseado na formación impartida por TIN (Asociación de Terapias Intensivas en Neurorrehabilitación). Calquera persoa que queira máis información, pode chamar ao 981 07 52 59 ou mandar un email a adaceco@adaceco.org.

Información e imaxe de ADACECO.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Subaguda: a rehabilitación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)