Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Aitor de Luis | 17/11/2022 | Reto Altabal #PoloDanoCerebral

Aitor de Luis realizará este sábado o Reto Altabal nadando #PoloDanoCerebral

Vai percorrer 42 quilómetros entre Alicante e a illa de Tabarca para concienciar sobre a nosa discapacidade.

17/11/2022 | Alicante

O nadador de augas abertas Aitor de Luis, que leva desde 2021 colaborando con FEGADACE, realizará esta fin de semana o último reto da tempeda #PoloDanoCerebral. A proba, que organiza a asociación RC7, chámase Reto Altabal, e consiste na realización dun percorrido de 42 quilómetros entre Alicante, a illa de Tabarca, e de volta ao punto de partida.

Aitor de Luis levará ao Mediterráneo a bandeira 'Nado #PoloDanoCerebral' tratando de completar o reto solidario este sábado. RC7, a entidade organizadora, organiza probas deportivas vinculadas sempre coa causa dunha doenza ou discapacidade, coa finalidade de sensibilizar e concienciar á poboación sobre as mesmas, como neste caso co dano cerebral adquirido.

Ao longo de 2022, Aitor de Luis colaborou no proxecto #PoloDanoCerebral colaborando na formación de nadadores e nadadoras das asociacións de FEGADACE, que culminou na 'Travesía a Nado Polo Dano Cerebral', primeira travesía inclusiva, con participantes con e sen dano cerebral, que organizamos en xullo en Vilagarcía de Arousa.

Ademais, Aitor de Luis leva realizado un particular calendario de competición dentro do circuíto galego de augas abertas que o levou a diversas citas, sempre coa bandeira e o equipamento 'Nado #PoloDanoCerebral', durante todo o verán.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)