Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© In-Red | | Xuntanza online de presentación de In-Red

Alento entra a formar parte de In-Red, Patronal Galega de Discapacidade Intelectual

A entidade, fundada en decembro, presentou onte os seus obxectivos e Plan de Actividades para 2021.

20/01/2021 | Galicia

In-Red, Patronal Galega de Discapacidade Intelectual e afíns, celebrou onte unha xornada de presentación dos seus obxectivos estratéxicos e o seu plan de actividades para 2021. Na mesma xuntanza, ratificouse a adhesión de Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo.

A entidade constituíase en decembro do ano pasado como unha asociaicón profesional e empresarial composta por entidades do ámbito da discapacidade intelectual, acollendo tamén "afíns". No grupo promotor atópanse diferentes centros especiais de emprego e asociacións como Aceesca, San Xerome Emiliani, Centro Juan María, Foroesgal ou EVD Galicia.

In-Red pretende ter un papel de importancia na defensa dos dereitos sociais e laborais das persoas con discapacidade intelectual, así como responder ás novas necesidades que xorden pola profesionalización e polo crecemento das asociacións e centros de discapacidade, cunha xestión cada vez máis complexa.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > E despois que?