Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 26/03/2021 | Usuarias de Alento apoian a candidatura de DisCamino aos Premios Princesa de Asturias

Apoiamos a candidatura do fundador de DisCamino ao Premio Princesa de Asturias

Unha iniciativa de Javier Pitillas para axudar ás persoas con discapacidade a facer o Camiño de Santiago.

26/03/2021 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral decidiu a apoiar a candidatura de Javier Pitillas Torra, fundador de DisCamino, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia. Esta candidatura está promovida pola Xunta de Galicia para recoñecer a xenerosidade dunha persoa que promove, a través do deporte, os valores da convivencia interxeneracional, da inclusión, da cohesión, e da participación colectiva, proxectando ademais o papel do Camiño de Santiago como referente nos valores de construción da concordia.

DisCamino nace en 2009 como unha ferramenta para lograr que calquera persoa con discapacidade poida participar na peregrinación a Santiago, garantíndolle o acompañamento e os apoios necesarios.

Javier Pitillas (Vigo, 1962) é un afeccionado ao atletismo e ao ciclismo que, a través de DisCamino, acompaña, en primeira persoa, a outras con discapacidade, sendo os seus pés e os seus sentidos na bicicleta. Agora mesmo a iniciativa suma moitas outras persoas voluntarias e colaboradoras.

DisCamino conta con 11 anos de experiencia e un historial de ata 115 persoas con discapacidade acompañadas no seu percorrido ata Santiago. Ten colaborado con Alento, a asociación de Dano Cerebral de Vigo, acompañando ás súas persoas usuarias na bicicleta adaptada.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)