Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 21/07/2021 | Tres persoas usuarias de Renacer empregan o xogo Palabrea

As persoas con dano cerebral melloran a súa capacidade comunicativa con novos SAAC

'Comunícate comigo!' é un proxecto de FEGADACE e as súas asociacións que financia a Fundación La Caixa.

21/07/2021 | Galicia

As persoas con dano cerebral adquirido presentan comunmente secuelas cognitivas, que inclúen alteracións da linguaxe e da comunicación como poden ser a afasia, a alexia ou a agnosia. É, polo tanto, moi habitual que as persoas usuarias das asociacións de FEGADACE teñan dificultades para ler, para falar e, en definitiva, para comunicarse. Co obxectivo de atender as súas necesidades e de mellorar as súas capacidades no ámbito da comunicación, o modelo de rehabilitación inclúe a presenza do/a profesional da logopedia.

O portal de referencia ARASACC define os Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC) como "formas de expresión diferentes da linguaxe falada que teñen como obxectivo aumentar (aumentativo) e/ou compensar (alternativo) as dificultades de comunicación" das persoas. Existen múltiples modelos, a cuxa variedade e funcións están a contribuír notablemente o desenvolvemento das TICs.

Así, FEGADACE e as súas asociacións elaboraron un proxecto para a mellora dos seus servizos de logopedia a través da implantación de novos SAAC, fortalecendo o impacto dos programas desenvolvidos nesa área e mellorarndo de facto a inclusión social das persoas con dano cerebral ao incrementar as súas capacidades comunicativas. Este proxecto chámase 'Comunícate comigo!' e está financiado pola Fundación La Caixa.
 
Os produtos adquiridos van desde xogos educativos a dispositivos tecnolóxicos de última xeración, pasando por adaptacións para garantir a accesibilidade ou produtos de rehabilitación física. Na galería de imaxes pódense ver algúns deles.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)