Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 14/02/2019 | Torneo de boccia ADACE Lugo - Cogami

As persoas usuarias de ADACE Lugo participaron nun torneo local de boccia

Trátase dun deporte paralímpico moi practicado nas asociacións de dano cerebral adquirido.

14/02/2019 | Lugo

A práctica da boccia traspasou, a finais de xaneiro, as fronteiras da Asociación de Dano Cerebral de Lugo. As persoas usuarias de ADACE Lugo enfrontáronse nun torneo bilateral con membros Cogami (entidade de discapacidade física). Convidaron tamén a algúns membros de Aspace (asociación de persoas con parálise cerebral).

O torneo organizouse por parellas; por parte de ADACE Lugo participaron 11 persoas, acompañadas de 5 profesionais. O obxectivo das dúas entidades organizadoras é que se repita unha ou dúas veces ao ano.

ADACE Lugo inclúe esta actividade no seu programa de ocio e tempo libre, aínda que os beneficios da boccia son múltiples: favorece o bo ton físico e a participación social a través do xogo en equipo. Cando, ademais, se comparte con persoas de fóra da asociación, a utilidade multiplícase porque se coñece xente, créanse amizades e fórxase unha sa competitividade entre entidades.

A boccia é unha disciplina paralímpica que se creou especificamente para as persoas con discapacidade. Todas as asociacións de FEGADACE practican este deporte, que se pode xogar individualmente, por parellas ou por equipos.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)