Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 07/09/2022 | Cabeceira da revista Madialeva

As persoas usuarias de ADACE Lugo presentan o primeiro número de Madialeva

Unha revista con entrevistas, noticias, unha playlist, actividades de ximnasia cerebral e moito máis.

07/09/2022 | Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo comezan o curso estreando revista. Este mes de setembro lanzaron o primeiro número de Madialeva, un boletín de 23 páxinas que aspira a ser trimestral e que anuncia o seu seguinte exemplar para o Nadal.

Madialeva inclúe presentacións das persoas usuarias da asociación luguesa, unha entrevista co traballador social da entidade, reportaxes, crónicas e noticias das actividades realizadas e outras propostas creativas. Entre elas, receitas, propostas de ximnasia cerebral, e unha playlist.

A revista de ADACE Lugo está editada en PDF e pode descargarse pinchando aquí.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)