© DCA Ourense | 22/03/2023 | DCA Ourense facendo voluntariado no banco de alimentos
As persoas usuarias de DCA Ourense colaboran co banco de alimentos da cidade
Acoden acompañadas da educadora social da entidade, área desde a que se promove a participación social.
A asociación DCA Ourense, despois de poñerse en contacto coa organización do banco de alimentos local, comezou o pasado venres 10 de marzo a súa participación activa e voluntaria coa mesma.
Coa educadora social como responsable do programa e dúas persoas voluntarias da entidade, a actividade tivo lugar no supermercado Eroski, moi próximo ás instalacións de DCA Ourense, o que facilitou o desenvolvemento da mesma gran parte da mañá.
DCA Ourense colabora animando á xente para achegar o seu gran de area, ademais de clasificar e ordenar os alimentos. Por outra banda, de maneira transversal, desde a área de educación social búscase traballar as habilidades sociais, fomentado a inclusión e participación social na contorna máis próxima á asociación.
Nos vindeiros meses as persoas voluntarias realizarán o mesmo labor noutros supermercados da cidade.