Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

As secuelas comunicativas do ictus protagonizan a película 'Máis alá do espello'

A cinta de Joaquim Jordà, afectado el mesmo por alexia e agnosia, poderá verse en Santiago o 23 de outubro.

23/10/2019 - 23/10/2019 | Santiago

Realizar "unha aproximación fílmica á discapacidade e á inclusión" é o principal obxectivo do ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema', que se desenvolve durante o mes de outubro nas cidades da Coruña e Santiago.

Como nas outras sesións, o 23 de outubro a cita comeza coa proxección de O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido. Trátase dunha animación producida por FEGADACE e elaborada por Miguel Gallardo elaborada no marco do mesmo proxecto que o ciclo de cine, que financia a Deputación da Coruña.

Trala proxección do vídeo, poderase ver o filme documental Máis alá do espello (o seu título orixinal é Más allá del espejo), de Joaquim Jordà.

En 1997 o director Joaquim Jordà tivo un ictus que cambiou totalmente a súa vida e a súa obra deixándolle secuelas permanentes: agnosia visual (dificultade para identificar e recoñecer os obxectos a través da vista) e alexia (perda de capacidade para a lectura). Jordà entrou en contacto con Esther Chumillas, conquense de 18 anos con agnosia desde os 15 por causa dunha meninxite mal diagnosticada. Con ela, e con outras persoas con dano cerebral adquirido, constrúe un relato sobre como se percibe a "realidade" e sobre os retos de afrontar unha nova vida, recompoñer os anacos da anterior e sobrepoñernse fronte á adversidade.

Para finalizar a sesión, abrirase un turno de preguntas e comentarios no que Junquera Novo, psicóloga/neuropsicóloca de Sarela, moderará o debate.

Consulta aquí o programa completo do ciclo.

Lugar de celebración:

Auditorio Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19). Santiago

19:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)