Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Servizo de Asesoría Xurídica

Servizo de Asesoría Xurídica

As persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, así como as e os profesionais das asociacións de FEGADACE, teñen á súa disposición un servizo de asesoramento legal, destinado a informar e aconsellar ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que poidan ter en relación a calquera tema derivado da situación relacionada coa irrupción da discapacidade en toda a súa complexidade de aspectos.

A quen vai dirixido?

  • Familias e persoas con dano cerebral adquirido socias das entidades membro de FEGADACE
  • Asociacións federadas

Que accións inclúe?

  • Consultas e asesoramento individual (sobre dereitos e outras cuestións que poidan xurdir en relación coa chegada da discapacidade á vida da persoa e do núcleo familiar)
  • Situacións de discriminación e vulneración de dereitos (acompañamento)
  • Casos de violencia (acompañamento)
  • Asesoramento a profesionais das entidades federadas
  • Formación e divulgación

Como acceder ao servizo?

Trátase dun servizo gratuíto e confidencial ao que se pode acceder a través do enderezo electrónico legal@fegadace.org. A continuación pódese atopar un dossier que describe máis detalladamente o servizo e os formularios para solicitar asesoramento ou accións formativas.

DOCUMENTO SOBRE O SERVIZO DE ASESORÍA XURÍDICA SOLICITUDE DE CONSULTA SOLICITUDE DE CHARLA XURÍDICA
Servizo de Asesoría Xurídica Solicitude de consulta Solicitude de charla
  DESCARGA O MODELO DE SOLICITUDE DE CONSULTA DESCARGA O MODELO DE SOLICITUDE DE CHARLA
  ACCEDE AO FORMULARIO ONLINE DE SOLICITUDE DE CONSULTA ACCEDE AO FORMULARIO ONLINE DE SOLICITUDE DE CHARLA