Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xunta de Galicia | 11/06/2020 | Reunión da Xunta de Galicia coas persoas representantes das entidades de discapacidade

Autorizadas as terapias individuais nos centros de atención á discapacidade

A Xunta cambia o seu criterio tralas peticións de FEGADACE e outras entidades.

11/06/2020 | Galicia

A Xunta de Galicia anunciou o 29 de maio que non ía autorizar a reapertura dos centros de día e ocupacionais para persoas con discapacidade ata o mes de setembro. A vaga de protestas e peticións que se desencadeou nas diferentes entidades representativas do sector -entre elas FEGADACE- provocou un cambio de criterio para a adopción dunha medida intermedia: a prestación de atención terapéutica a nivel individual e con cita previa, tanto nos centros como nos domicilios.
 
O pasado venres mantivemos unha videoconferencia co Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e coa Secretaria Xeral da consellería de Política Social, seguida doutro encontro online na tarde de onte co presidente da Xunta e a propia conselleira, nas que a administración escoitou as propostas das entidades do CERMI Galicia e valorou a apertura gradual.
 
Así, os centros de día e entidades de discapacidade poderán prestar atención terapéutica indivudual con cita previa a todas as súas persoas usuarias, garantindo todas as medidades de seguridade e de hixiene para a prevención de contaxios por COVID-19. Tamén está garantido que se poida prestar atención terapéutica a domicilio.
 
As cinco asociacións de dano cerebral adquirido de FEGADACE xa están en contacto coas súas persoas usuarias para comunicarlles en que condicións e horarios poderán atendelas.
 
Reactivación dos centros
 
Desde a Xunta ofrécese formación específica na prevención da infección por COVID-19 para garantir que o persoal técnico se adapte de maneira óptima á nova situación, e tamén se apoiará aos centros co subministro de equipos de protección. Cumpridas esas condicións, poderanse volver abrir os centros (tralo visto e prace da autoridade sanitaria).
 
Desde FEGADACE xa se notificou á administración que, a día de hoxe, as cinco entidades de dano cerebral teñen xa realizada a formación sobre COVID-19; contan con aprovisionamento de EPIs cun stock suficiente para o inicio da actividade de forma segura, así como cun circuíto establecido a través da Federación para garantir o abastacemento complementado coa achega anunciada pola Xunta de Galicia a través da plataforma Clonegal; e dotáronse de protocolos de actuación específicos por asociación, no marco do Plan de Continxencia de FEGADACE.

 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19