Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 30/09/2021 | Exposición 'Punto e seguido' en Bertamiráns

Bertamiráns acolle a mostra 'Punto e seguido' do 7 ao 14 de outubro

FEGADACE colabora co concello de Ames levando esta mostra ao Pazo da Peregrina e tamén ao Milladoiro.

07/10/2021 - 14/10/2021 | Bertamiráns (Ames)

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' poderá verse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en Ames, entre o 1 e o 7 de outubro. A mostra, con imaxes do fotógrafo compostelán Aigi Boga, amosa como é o día a día das persoas con dano cerebral nas asociacións de FEGADACE. Esta é a segunda colaboración de FEGADACE co concello de Ames, tralo paso da colección de imaxes pola Casa da Cultura do Milladoiro.
Lugar de celebración:

Pazo da Peregrina
Bertamiráns (Ames)
 
Horario:
L-V
09:00-14:00
 

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)