Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Caixabank | 01/07/2019 | Luciano Fernández (presidente de FEGADACE) e Giuseppe Scassa (director da oficina Caixabank Store Compostela) [esq. a der.]

CaixaBank renova o seu compromiso coas persoas con dano cerebral adquirido

A entidade achega nove mil euros a FEGADACE para consolidar os seus servizos de sensibilización.

01/07/2019 | Santiago

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de recibir unha doazón de 9.000 euros por parte de CaixaBank. Esta cantidade destinarase a consolidar algúns dos proxectos que está a desenvolver FEGADACE, como son a exposición de sensibilización ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’; o ciclo de charlas informativas sobre causas do DCA, mecanismos de prevención e recursos de atención en localidades do rural (onde se leva a recentemente editada guía para familiares);  ou a xornada científico-académica sobre o dano cerebral (na que se fai entrega do Premio FEGADACE- Miguel Blanco, que recoñece o labor e a traxectoria dun axente social implicado na mellora da calidade de vida das persoas con DCA).

Fixo entrega da achega ao presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, o director da oficina Store Compostela, Giuseppe Scassa. O representante de CaixaBank destacou o labor que presta a federación tanto ás cinco entidades que a integran como as persoas con dano cerebral. “A nosa entidade leva tres anos consecutivos colaborando con FEGADACE con axudas por valor de 22.000 euros”, comentou. “É unha satisfacción poder ser, un ano máis, útil para que poidan consolidar os proxectos que levan a cabo”.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)