Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Causas

As tres principais causas de dano cerebral adquirido son:

• Ictus
• Accidente de tráfico
• Tumor no cerebro

A continuación explicamos en que consisten as enfermidades
que provocan dano cerebral adquirido.

 

Ictus

Prodúcese cando o sangue deixa de chegar ao cerebro
ou chega en moi pouca cantidade.
Ao non chegar o sangue, tampouco chegan ao cerebro o osíxeno
e os alimentos que transporta.

 

Traumatismos cranioencefálicos

É unha lesión na base do cranio ou sobre partes amplas do cerebro
producidas por un golpe forte.
Ao principio, o cerebro adóitase inchar e avultar por estas lesións
e pérdese a conciencia. A persoa entra en “coma”.
Canto máis tempo estea a persoa sen conciencia
e máis profunda sexa a perda de conciencia,
máis grave será o dano cerebral.

A principal causa de traumatismo cranioencefálico que produce
dano cerebral adquirido son os accidentes de tráfico.
Outras causas comúns tamén son: os accidentes no traballo,
as caídas, os golpes no deporte e as pelexas.

 

Tumor cerebral

Prodúcese por un grupo de células  malignas que crecen
e multiplícanse no cerebro.
Poden destruír as células sas que hai no cerebro ou danalas.
Tamén poden causar inflamación, inchar partes do cerebro
e presionar o cranio.

 

Anoxia

É a falta case total de osíxeno nunha capa do cerebro.
A cantidade de osíxeno das células que chega ao cerebro non é suficiente.

 

Doenza metabólica

É unha enfermidade do sistema nervioso que se adoita producir
cando o sangue vai con demasiada forza desde o corazón
a distintas partes do corpo.
A este aumento de forza chámaselle presión arterial porque as arterias
son os vasos que conducen o sangue polo noso corpo.

 

Infección cerebral

É a inflamación do  encéfalo ou as capas que o cobren
producida por bacterias, virus, fungos ou parasitos.

O  encéfalo é unha parte moi importante do sistema nervioso
que está dentro da nosa cabeza.
Controla todas as funcións do ser humano como:
o pensamento, as emocións, o tacto, a vista,
o movemento do corpo, a respiración, a temperatura e o apetito.

Causas do dano cerebral adquirido