© Renacer | 14/03/2019 | Cea benéfica de Renacer
Cea benéfica de Renacer a favor dos dereitos das persoas con dano cerebral
Pódese colaborar asistindo ao encontro o venres 29 de marzo ou realizando unha achega á Mesa 0.
Renacer, a asociación de DCA de Ourense, organiza a fin de mes a súa IV Cea Benéfica a favor dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias. O evento, de carácter social e solidario, vai ter lugar o 29 de marzo ás 21:30 horas no Restaurante Gastrobar Sanmiguel de Ourense.
O custo da cea, xunto coa achega solidaria, é de 40 euros. Ademais, é posible colaborar realizando unha doazón á Mesa 0 nas seguintes contas:
La Caixa: ES79 2100 1771 9702 0006 2539
Abanca: ES88 2080 0402 0030 4003 3853
Para realizar unha reserva cómpre contactar con Renacer en renacer.dca.ourense@gmail.com, nos teléfonos 988 225 056 e 664 349 309 (tamén por WhatsApp), ou na sede, sita na Rúa Recaredo Paz, 1, Baixo (Ourense).
Lugar de celebración:
Restaurante Gastrobar Sanmiguel (Ourense)
Data: 29 de marzo
Hora: 21:30