Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

CERMI Galicia

Logotipo do CERMI GaliciaO CERMI Galicia (Comité Estatal de Representantes de Persoas con Discapacidade) é unha plataforma unitaria para a defensa e recoñecemento institucional das persoas con discapacidade.

Está composto pola ONCE, FADEMGA, COGAMI, FEAFES, Down - Galicia, Autismo Galicia, Federación de Asociacións de Persoas Xordas, FAGAL, ASPACE Galicia, PREDIF Galicia, Cegasal e Acopros, ademais de FEGADACE. O CERMI Galicia é parte, á súa vez, do CERMI Estatal.

A implicación de FEGADACE é a seguinte:

  • Comité Executivo.
  • Asemblea Xeral.
  • Comisión de Educación.
  • Comisión de Muller.
  • Comisión de Sanidade.

Outras comisións nas que participou FEGADACE son:

  • Comisión de Accesibilidade. Participación entre 2011 e 2014.
  • Comisión de Discapacidade Adquirida do CERMI Estatal. Vixencia no período 2013-2015.