Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Galegas 8M | | Imaxe da convocatoria de Galegas 8M

CERMI Mujeres denuncia a 'discriminación múltiple' das mulleres con discapacidade

A Fundación apoia a folga feminista e edita un informe sobre dereitos humanos para conmemorar o 8M.

06/03/2019

A Fundación CERMI Mulleres vai secundar a folga convocada para este venres, 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, e anuncia que vai participar na manifestación organizada polo movemento feminista en Madrid. Ademais, a Fundación anima ao conxunto de entidades do CERMI a manifestárense ese día e a amosar o seu apoio público ás reivindicacións das mulleres con discapacidade.

CERMI Mulleres apoia a protesta para visibilizar as necesidades específicas das mulleres e nenas con discapacidade, que sofren unha "discriminación múltiple", baseada por unha banda no xénero e pola outra na propia discapacidade. A entidade quere aproveitar o 8 de marzo para "denunciar as desigualdades que seguen sufrindo as mulleres en moitos ámbitos da vida".

Documentación sobre dereitos humanos e sobre historias de empoderamento

Tamén para conmemorar o Día da Muller, a Fundación CERMI Mujeres fai públicos dous novos libros na súa colección Generosidad. Ambos volumes están dispoñibles no correspondente apartado da súa páxina web.

O primeiro título é o informe Dereitos Humanos das mulleres e nenas con discapacidade. España 2017. Trátase dun documento de carácter xurídico e social que o CERMI Mulleres pretende actualizar ano a ano. Supón unha radiografía da situación das mulleres e nenas con discapacidade, relacionándoa co cumprimento do exercicio dos seus dereitos humanos e liberdades fundamentais. O informe foi elaborado pola doutora en Dereito e experta en xénero e discapacidade María Laura Serra. Pode descargarse aquí.

Por outra parte, Diversas Mulleres Diversas é un libro que recompila, como di o seu subtítulo, diferentes "Historias de resiliencia, empoderamento e esquecemento". A psicóloca Carmen Calvo Novell é a autora deste libro, no que recupera a historia e traxectoria de artistas, pensadoras e activistas como Ana Sullivan, Helen Keller, Rosario de Acuña ou María Blanchard. Descárgase aquí.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos