Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 23/05/2023 | Ana Cabellos, presidenta de FEDACE, e Luciano Fernández, presidente de FEGADACE

O CERMI pide que a presidencia española da UE deixe impronta social

O CERMI Galicia da man do seu presidente, Luciano Fernández, acode ao Parlamento Europeo

23/05/2023 | Bruxelas

O Comité Español de Representates de Persoas con Discapacidade, CERMI, pediu o día 22 de maio de 2023 en Bruxelas ás eurodiputadas e eurodiputados de España que traballen para que a Presidencia Española da Unión Europea deixe unha firme impronta social, que sexa percibida nítidamente polas persoas con discapacidade e as súas familias do continente europeo. 
 
Así se expresou o presidnte da plataforma española da discapacidade, Luis Cayo Pérez Bueno, ante unha representación de europarlamentarias que mantiveron un encontro de traballo coa delegación de 60 representantes e activistas do entorno do CERMI que participaron os días 22 e 23 de maio no V Parlamento Europeo das Persoas con Discapacidade.
 
Fundaméntandose nas fortes conviccións europeístas do movemento español da discapacidade, Pérez Bueno destacou que "a UE alberga un gran potención de transformación favorable para as persoas con discapacidade, pero debe exercelo, traducilo en feitos e deixarse de tibiezas e retóricas baleiras". 
 
A Cámara Europea é a forza tractora das decisións en favor das persoas con discapacidade no continente, enfatizou o presidente do CERMI, e da man do activismo da discapacidade está en condicións de multiplicar ese papel axitador de unhas institucións comunitarias ás veces lixeiras e pusilánimes cando se trata da discapacidade. 
 
O Dano Cerebral Adquirido contou con unha excelente representación da man de Luciano Fernández Pintor, presidente de FEGADACE e do CERMI Galicia, e Ana Cabellos Cano, presidenta de FEDACE e membro do CERMI Castilla La Mancha. 
 
Entre outras demandas, destaca a solicitude de unha tarxeta europea de discapacidade que contemple dende o ocio ata o transporte, pasando por diversos ámbitos e dimensións dos dereitos das persoas con discapacidade. 

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)