© FEGADACE | | Comparador CERMI Territorios
'CERMI Territorios', unha ferramenta para comparar as políticas de discapacidade
Permite consultar online diferentes datos e indicadores por comunidades autónomas.
Comparador CERMI Territorios
O Comparador divídese nas áreas de Demografía, Lexislación, Gobernanza, Dereitos e servizos sociais, Exclusión/Inclusión social, Mercado laboral, Inclusión educativa, Accesibilidade universal, Xénero, Fiscalidade, e Saúde e atención sanitaria. Dentro de cada unha delas formúlanse preguntas -por exemplo, "existencia de lei autonómica de cans de asistencia- ou establécense indicadores -como "total de persoas con discapacidade institucionalizadas en recursos sociais segregados" ou "taxa de actividade laboral"- que ofrecen datos por comunidades autónomas.
O obxectivo do CERMI Estatal ao elaborar o comparador foi facilitar o acceso de calquera persoa ou institución a información actualizada sobre as políticas públicas en materia de discapacidade, posibilitando a comparación do seu desenvolvemento entre as diferentes comunidades autónomas.