Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 28/10/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Forcarei

Charla informativa sobre o dano cerebral no Concello de Forcarei

Cómpre inscribirse chamando ao 986 755 036, a cita é o martes 30 de novembro ás 11:00.

30/11/2021 - 30/11/2021 | Forcarei

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha charla destinada a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxese tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
 
A charla vai ter lugar no Salón de Actos do Concello de Forcarei a partir das 11:00. Para asistir é necesario inscribirse chamando ao teléfono do Concello: 986 755 036.
 
Lugar de celebración:

Salón de Actos da Casa do Concello
11:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)