Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 03/09/2021 | Charla na Rúa

Charla na Rúa o xoves 23 de setembro: 'Pódese previr o dano cerebral?'

FEGADACE organiza o ciclo 'Camiñando polo dano cerebral' no marco do programa O teu Xacobeo.

23/09/2021 - 23/09/2021 | A Rúa

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, estará o 23 de setembro na Rúa para impartir unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido. Vai ter lugar ás 18:00 no Centro Cultural Avenida.

Dirixida especialmente a peregrinos e peregrinas, así como a toda a poboación local encargada da súa atención e recepción, esta actividade informativa vai estar centrada na prevención dos traumatismos cranioencefálicos derivados de distintos riscos asumidos no Camiño de Santiago: accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.

Tamén se falará sobre o ictus, dado que o exercicio físico realizado ao camiñar ou pedalear é un hábito moi saudable que, combinado con outros, axuda á prevención do que é a principal causa do dano cerebral adquirido.

Esta charla inclúese dentro de 'Camiñando polo dano cerebral', un proxecto impulsado por FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Conta coa colaboración do Concello da Rúa.
Lugar de celebración:

Centro Cultural Avenida
18:00 hh.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)