Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 12/03/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Sober (23/03/2021)

Charla sobre o dano cerebral adquirido na Casa da Cultura de Sober

A traballadora social de FEGADACE falará sobre as causas, a súa prevención, e o modelo de atención.

23/03/2021 - 23/03/2021 | Sober

Coñecer ben as causas, a súa detección e os mecanismos de prevención é fundamental para familiarizarse sobre o dano cerebral. Saber como é o modelo de atención, a que ten dereito a persoa con dano cerebral, é tamén moi importante cando esta discapacidade chegou á vida dunha familia. Por iso FEGADACE imparte charlas nas que traslada á poboación estas e outras cuestións sobre o dano cerebral.
 
Tras un importante parón causado pola crise sanitaria, a Federación retoma a colaboración cos concellos para a realización desta actividade informativa. A primeira vai ter lugar no concello de Sober o 23 de marzo. A organización do acto ten en conta todas as medidas hixiénicas e sanitarias para garantir a seguridade fronte a contaxios durante toda a duración da charla.
Lugar de celebración:

Salón de Actos da Casa da Cultura (Sober)

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)