© FEGADACE | 08/11/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Meira (Moaña)
Ciclo de actividades informativas sobre o dano cerebral adquirido en Moaña
O concello vai acoller, a finais de novembro, tres charlas nas localidades de Meira, Moaña e Domaio.
A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha serie de charlas destinadas a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxense tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
As charlas van ter lugar en tres núcleos diferentes do concello de Moaña. As tres actividades van ser á mesma hora, as 18:00, e cómpre inscribirse no teléfono 986 310 100. Os lugares son os seguintes:
Lugar de celebración:
22/11/2021. Club Santa Eulalia de Meira (Local Multiúsos de Meira). 18:00 hh.
26/11/2021. Club de Pensionistas O Carme de Moaña. 18:00 hh.
29/11/2021. Club San Pedro de Domaio (Local Multiúsos Domaio Porto). 18:00 hh.
26/11/2021. Club de Pensionistas O Carme de Moaña. 18:00 hh.
29/11/2021. Club San Pedro de Domaio (Local Multiúsos Domaio Porto). 18:00 hh.