© FEGADACE | 28/03/2019 | Cartel da charla sobre o DCA en Montederramo
Ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral: Montederramo
Organizadas por FEGADACE para falar do ictus e outras causas, de prevención e do modelo de atención.
FEGADACE organiza un ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais, co obxectivo de chegar á poboación máis aillada e envellecida de Galicia. Trátase de informar sobre as causas e mecanismos prevención do DCA á poboación con máis risco, ao tempo que se presenta o modelo de atención e rehabilitación, así como os recursos máis próximos a cada localidade.
O programa conta co financiamento da Consellería de Política Social a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, dos fondos que as persoas contribuíntes destinan a 'fins sociais' marcando a 'X Solidaria' na súa declaración da renda.
Máis información aquí.
Lugar de celebración:
Salón de Plenos do Concello (Praza de Montederramo, 18), Montederramo
Data: luns, 29 de abril
Hora: 12:30 hh