Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 28/03/2019 | Cartel da charla sobre o dano cerebral en Ourol

Ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral: Ourol

Organizadas por FEGADACE para falar do ictus e outras causas, de prevención e do modelo de atención.

04/04/2019 - 04/04/2019 | Ourol

FEGADACE organiza un ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais, co obxectivo de chegar á poboación máis aillada e envellecida de Galicia. Trátase de informar sobre as causas e mecanismos prevención do DCA á poboación con máis risco, ao tempo que se presenta o modelo de atención e rehabilitación, así como os recursos máis próximos a cada localidade.

O programa conta co financiamento da Consellería de Política Social a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, dos fondos que as persoas contribuíntes destinan a 'fins sociais' marcando a 'X Solidaria' na súa declaración da renda.

Máis información aquí.

Lugar de celebración:

Edificio Multiúsos, Ourol

Data: xoves, 4 de abril

Hora: 11:30 hh

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)