Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 06/08/2019 | Cartel da charla sobre o DCA en Pantón

Ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral: Pantón

Organizadas por FEGADACE para falar do ictus e outras causas, de prevención e do modelo de atención.

13/08/2019 - 13/08/2019 | Pantón

FEGADACE organiza un ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais, co obxectivo de chegar á poboación máis aillada e envellecida de Galicia. Trátase de informar sobre as causas e mecanismos prevención do DCA á poboación con máis risco, ao tempo que se presenta o modelo de atención e rehabilitación, así como os recursos máis próximos a cada localidade.

Lugar de celebración:

Edificio Sociocultural (Praza do Concello), Pantón

Data: martes, 13 de agosto

Hora: 20:00 hh

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)