Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

Ciclo de cine e dano cerebral: 'O meu fermoso cerebro roto' chega á Coruña

O martes 22 de outubro a cinta de Sophie Robinson & Lotje Sodderland poderá verse no Auditorio Afundación.

22/10/2019 - 22/10/2019 | A Coruña

Realizar "unha aproximación fílmica á discapacidade e á inclusión" é o principal obxectivo do ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema', que comezou o 15 de outubro na Coruña e ao día seguinte en Santiago.

A sesión do 22 de outubro comeza coa proxección de O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido. Trátase dunha animación producida por FEGADACE e elaborada por Miguel Gallardo elaborada no marco do mesmo proxecto que o ciclo de cine, que financia a Deputación da Coruña.

Trala proxección do vídeo, poderase ver o filme O meu fermoso cerebro roto (o seu título orixinal é My beautiful broken brain), de Sophie Robinson e Lotje Sodderland.

A cinta constitúe unha reflexión autobiográfica sobre a fraxilidade do cerebro e os cambios na vida despois do ictus hemorráxico sufrido pola productora de documentais de 34 anos Lotje Sodderland. Sodderland comezou a gravar o proceso de recuperación co seu teléfono e de seguido pediu o apoio da documentalista Sophie Robertson.

Ambas conseguiron implicar tamén a David Lynch, que produce, apadriña e narra o filme, ademais de introducir a súa poética na explicación sobre a lesión cerebral e as súas secuelas e as sensacións que provocan, para o que empregan desde os testemuños directos de Lotje ata efectos especiais.

Para finalizar a sesión, abrirase un turno de preguntas e comentarios no que Mila Oreiro, responsable de comunicación de ADACECO, moderará o debate.

Consulta aquí o programa completo do ciclo.

Lugar de celebración:

Auditorio Sede Afundación (Rúa Cantón Grande, 8). A Coruña

19:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)