Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

Clausura do ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema'

FEGADACE organizou no mes de outubro a proxección de filmes sobre a discapacidade e a inclusión.

05/11/2019 | A Coruña | Santiago

O pasado xoves pechouse na sede de Afundación de Santiago de Compostela o ciclo de cine 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema', unha aproximación fílmica ao tratamento da inclusión e da discapacidade no sétimo arte. Durante o mes de outubro, realizáronse seis sesións nas sedes de Afundación da Coruña e de Santiago, onde se proxectaron tres películas que abordan o dano cerebral adquirido desde diferentes puntos de vista.


Ao longo destas semanas, os asistentes puideron desfrutar das películas: Anxos sen paraíso, de John Cassavetes; O meu fermoso cerebro roto, de Sophie Robinson & Lotje Sodderland; e Máis alá do espello, de Joaquim Jordá. Ademais, tralas proxeccións, profesionais de ADACECO e Sarela puideron debatir cos espectadores sobre o tratamento da discapacidade nos filmes así como resolver calquera dúbida sobre o tratamento do dano cerebral nas mesmas.

Este proxecto de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, que contou co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración de Afundación,  completouse coa realización da curtametraxe de animación 'O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido', de Miguel Gallardo.

 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)