Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 30/01/2019 | Francisco Castro e Amparo Rodicio diríxense ao alumnado

Comenzan os diálogos con estudantes sobre a novela 'Iridium' e o dano cerebral

Francisco Castro, autor do libro, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de Alento, visitaron dous institutos.

30/01/2019 | Salvaterra | Ponteareas

O escritor Francisco Castro, autor de Iridium, e a neuropsicóloga de Alento, Amparo Rodicio, comezaron o venres 25 unha serie de presentacións da novela en centros de ensino secundario. Con este ciclo preténdese falar da novela, e de literatura, ao tempo que se anima ao estudantado a reflexionar sobre a igualdade, o respecto á diversidade e a discapacidade mentres se lle informa, desde un enfoque divulgativo, o que é o dano cerebral adquirido.

En concreto, as presentacións tiveron lugar nos institutos de Salvaterra de Miño e de Ponteareas. Unhas 200 rapazas e rapaces, que previamente leran o libro, coñeceron mellor, da man de Francisco Castro e Amparo Rodicio, o que son as etiquetas e como as vive unha persoa un dano cerebral.

Iridium é unha novela xuvenil que protagoniza unha moza con DCA. Para documentarse e coñecer de primera man a realidade desta discapacidade, Francisco Castro traballou con Alento e con FEGADACE, tomando contacto con historias e persoas que lle axudaron a construír a novela. O resultado desta colaboración é que, ademais, o escritor dona o 2% dos seus beneficios polas vendas do libro á Federación e á asociación de dano cerebral.

Hái máis información na páxina web de Alento.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización