Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 20/09/2021 | Xornada sobre Lectura Fácil (29/09/2021)

Comunícate comigo! Presentación da web de FEGADACE en Lectura Fácil

Coñeceremos mellor que é este sistema de lectura e escritura accesible e como foi a adaptación da páxina.

20/09/2021 | Online

A Federación Galega de Dano Cerebral vai presentar, nunha xornada online que terá lugar o 29 de setembro, a adaptación da súa páxina web a Lectura Fácil. Esta adaptación é un dos resultados do proxecto 'Comunícate Comigo!', que FEGADACE desenvolveu entre 2020 e 2021 co apoio da Fundación La Caixa.

INSCRICIÓN AQUÍ

A xornada vai estar centrada en presentar o proceso de adaptación da ferramenta online, e en explicar e divulgar a necesidade e utilidade da Lectura Fácil. O programa é o seguinte:

10:30. Apertura
Luciano Fernández Pintor, presidente de FEGADACE
10:40. Presentación do proxecto e da páxina web
Begoña Hermida Val, directora de FEGADACE
Irene Cancelas Sánchez, responsable de comunicación de FEGADACE
11:00. A experiencia dos grupos de validación
Amparo Rodicio Quiroga, neuropsicóloga de Alento
Ignacio Martín Román, usuario de Alento
11:20. Que é a Lectura Fácil? Definición e experiencias
Elisabet Serra Casanovas, codirectora da Associació Lectura Fàcil (que liderou o proceso de adaptación da web de FEGADACE)
Mª Dolores Portela León, responsable do Programa de Accesibilidade Cognitiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia

Cumprir co dereito á información e mellorar a calidade comunicativa das persoas con dano cerebral con secuelas nesa área (afasia, ataxia, apraxia...) son os dous obxectivos do proxecto 'Comunícate Comigo!'. Ademais da adaptación da web, esta iniciativa inclúe a incorporación de novos SAAC (sistemas alternativos e aumentativos de comunicación) aos programas de logopedia das cinco asociacións federadas: ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela.

A xornada de presentación conta tamén coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)