Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 31/05/2023 | Ciclo de actividades de sensibilización en Lalín

'Coñecendo o dano cerebral en Lalín': ciclo de actividades de sensibilización en xullo

Ademais da Carreira e Andaina #PoloDanoCerebral, haberá charlas, cine, obradoiros e unha exposición.

31/05/2023 | Lalín

FEGADACE e o Concello de Lalín asinaron en 2021 un acordo de colaboración para realizar actividades de sensibilización, concienciación e prevención do dano cerebral adquirido na localidade.

Presentamos agora o seu principal froito, o ciclo de actividades de sensibilización 'Coñecendo o dano cerebral adquirido en Lalín', que se desenvolverá no mes de xullo, e que conta coa mostra 'Punto e seguido', a Carreira e Andaina #PoloDanoCerebral, unha charla impartida por profesionais de Sarela, que colabora neste ciclo, un obradoiro infantil, e unha sesión de cinefórum.

Exposición 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido'
Auditorio
26/06/2023 a 10/07/2023
Luns a venres de 16:00 a 20:00

Carreira e Andaina Solidaria'Camiñando #PoloDanoCerebral'
Saída e meta: Praza de Galicia
02/07/2023
10:00
*Inscrición en Carreiras Galegas.

Charla de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido
Salón de actos da Biblioteca
04/07/2023 | 17:00
*Prégase tramitar inscrición no 681301 958 ou no 986 780 014.

Obradoiro 'Os Bolechas' para nenas e nenos de 3 a 6 anos
Campamento de Verán
05/07/2023
11:00

Cinefórum [película pendente deconfirmación]
Salón de actos da Biblioteca
06/07/2023 | 19:00
*Prégase tramitar inscrición no 681301 958 ou no 986 780 014.
 
Este ciclo de actividades, organizado por FEGADACE, conta coa colaboración de Sarela, do Concello de Lalín, e da Consellería de Política Social e Xuventude.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)