Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Consecuencias

As secuelas do dano cerebral son diferentes e heteroxéneas, e xeran distintos tipos e niveis de discapacidade segundo a persoa e a lesión.

Secuelas motoras:

  • Inmobilidade de diferentes partes do corpo
  • Hemiplexía
  • Trastornos da marcha
  • Trastornos do ton postural (hipotonía, espasticidade)
  • Tremores

Secuelas sensoriais:

  • Afectación ou perda da visión
  • Afectación da audición
  • Afectación do olfacto
  • Hemiparesia

Secuelas orgánicas:

  • Traqueotomía
  • Alteracións respiratorias
  • Problemas de control de esfínteres

Secuelas cognitivas:

  • Desorientación
  • Problemas de atención
  • Alteracións no nivel de alerta
  • Trastornos da percepción
  • Alteracións da linguaxe e a comunicación
  • Alteracións da memoria
  • Trastornos do cálculo e o razoamento numérico
  • Disfuncións executivas

Secuelas emocionais:

  • Ansiedade
  • Depresión
  • Apatía

Secuelas condutuais:

  • Inadecuación ás situacións sociais
  • Impulsividade
  • Hiperactividade
  • Agresividade

Secuelas sociais:

  • Empobrecemento
  • Risco de exclusión social

Cambios no nivel de alerta:

A alteración do nivel de consciencia pode ser verdadeiramente severo, levando á persoa ao que comunmente se coñece como 'coma'. Hai tres clasificacións:

  • Coma. Redución do nivel de consciencia con alteración do nivel de alerta e do contido da consciencia. A persoa permanece cos ollos pechados sen responder ao contorno, con ausencia do ciclo soño-vixilia e sen respostas reflexas.
  • Síndrome de vixilia sen resposta ou estado vexetativo. Estado de vixilia en ausencia de resposta a un mesmo ou ao contorno, con respostas motoras reflexas. Presérvase o nivel de alerta e o ciclo soño-vixilia.
  • Estado de mínima conciencia. Diferénciase do anterior na presenza mínima, pero discernible, de conciencia de un mesmo ou do contorno.

Co dano cerebral adquirido perde sentido falar de discapacidade física, psíquica ou sensorial: son moitas ao mesmo tempo, e preséntanse en diferentes proporcións e intensidades segundo a persoa.