Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Consecuencias

O dano cerebral pode ter diferentes secuelas
e causar distintos tipos de discapacidade
dependendo da persoa e da lesión.
Por iso, non ten sentido falar de discapacidade física,
intelectual ou sensorial.

Secuelas no movemento:
• Non poder mover algunha parte do corpo
• Parálise dun lado do corpo
• Dificultade para andar
• Pouca ou ningunha capacidade para manterse de pé ou moverse
• Tremores
 
Secuelas nos sentidos:
• Perda de toda a visión ou dunha parte
• Dificultade para oír
• Dificultade para cheirar
• Debilidade nos músculos dun lado do corpo
 
Secuelas en órganos:
• Traqueotomía. Operación que consiste en abrir a tráquea
para conectala coa exterior
• Dificultade para respirar
• Problema para controlar os  esfínteres
 
Secuelas na capacidade de coñecer e comprender:
• Desorientación
• Problemas para prestar atención
• Dificultade para estar alerta
• Dificultade para notar as cousas ou comprendelas
• Dificultade para falar e comunicarse
• Problemas de memoria
• Dificultade para comprender os números e facer cálculos
• Dificultade para tomar decisións e planificar actividades
Secuelas emocionais:
• Ansiedade
• Depresión
• Falta de ganas de facer cousas
 
Secuelas na conduta e forma de comportarse:
• Non saber relacionarse ben con outras persoas
• Comportarse dunha forma moi impulsiva
• Necesitar demasiada actividade a maioría do tempo
• Comportarse de forma agresiva
 
Secuelas sociais:
• Empobrecerse
• Ter máis risco de exclusión social
 
Cambios no nivel de alerta ou consciencia:
 
• Coma. A persoa ten os ollos pechados,
non responde a contorna nin fai movementos.
Non hai diferenza cando a persoa está durmida ou esperta.
 
• Síndrome de vixilia sen resposta ou estado vexetativo.
Hai algunha diferenza entre o tempo en que a persoa
está durmida ou esperta, aínda que nunca pode interactuar
consigo mesma nin coa contorna.
Pode ter algunha resposta a estímulos
como mover un pouco a man se se lle acariña.
 
• Estado de mínima conciencia. A persoa ten
un mínimo nivel de conciencia de se mesma e da contorna.