Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DGT | | Condución no inverno

Consellos da Dirección Xeral de Tráfico para conducir sen medo no inverno

FEDACE lanza a campaña 'Conduce a túa vida', onde unha persoa con dano cerebral conta como volveu conducir.

24/12/2020

Estas festas os desprazamentos están limitados polas restricións sanitarias causadas pola pandemia da COVID-19. Sen embargo, permisos especiais permitirán pequenas reunións familiares e certa mobilidade, que tamén por estrada. Así, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) non deixa de insistir na necesidade de previr os accidentes de tráfico, que son a segunda causa do dano cerebral adquirido.

O organismo sinala como primeiro paso a importancia dun correcto mantemento do vehículo, antes de saír á estrada. Ademais, hai tres recomendacións que se repiten haxa chuvia, neve, vento, néboa ou xeo: reducir a velocidade, evitar unha condución brusca e manter unha adecuada distancia de seguridade. A revista Tráfico y Seguridad Vial afonda en cada unha das devanditas dificultades meteorolóxicas achegando recomendacións específicas para cada unha delas.

'Conduce a túa vida'

A DGT tamén colabora na campaña que lanzaron onte FEDACE e a Fundación para la Seguridad Vial, 'Conduce a túa vida'. Está protagonizada por Enrique Criado, unha persoa con dano cerebral que conta os pasos que foi dando para volver conducir con seguridade trala lesión.

Un recoñecemento médico, prácticas reais con coches adaptados, e algunhas adaptacións personalizadas son os requisitos e pasos que posibilitan recuperar o permiso de conducir tralo dano cerebral. Obtelo de novo reforza enormemente a autonomía persoal e tamén a autoestima polo logro conseguido.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Causas