Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Portadas das memorias de 2018 das asociacións de FEGADACE

Consulta as memorias de actividades das asociacións galegas de dano cerebral

ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela resumen as accións que desenvolveron en 2018.

09/08/2019 | Galicia

As cinco asociacións membro de FEGADACE (ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela), en cumprimento coas súas obrigas legais e éticas de transparencia, fixeron públicas, nos últimos meses, as súas memorias de actividades de 2018.

Estes documentos recollen o estado de situación (persoas socias, programas e servizos activos, equipos humanos), as actividades desenvolvidas, e a información económica do exercicio.

Poden consultarse aquí:

Pola súa banda, FEGADACE fixo pública a súa Memoria de Actividades de 2018 trala Asemblea Xeral Ordinaria, que tivo lugar en marzo. Ademais, aquí podes consultar os dez principais datos de FEGADACE en 2018.

Arquivada en:
Transparencia > Rendición de contas