Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 18/08/2020 | Ilustración COVID19

Consulta a guía de recursos con información das medidas establecidas pola COVID19

Debido ás últimas medidas acordadas pola Xunta, o centro de día de ADACECO permanecerá pechado.

18/08/2020 | Galicia

Desde o inicio da situación sanitaria provocada pola COVID19 o pasado mes de marzo, a Federación Galega de Dano Cerebral está a facilitar, a través da páxina web e as súas redes sociais, as novidades máis salientables nas medidas postas en marcha polas diferentes Administracións Públicas, fundamentalmente aquelas que afectan en maior medida ás persoas con dano cerebral. Así, na web poderás atopar unha sección especial que contén unha guía de recursos, en constante actualización, para proporcionar información, facilitar trámites e ofrecer apoio ás familias e persoas con dano cerebral. 

En canto ás novidades nas medidas establecidas nos últimos días, tras os datos facilitados de novos contaxios pola COVID19, especialmente na área sanitaria da Coruña e Cee, a Xunta de Galicia ven de anunciar o peche dos centros de atención diúrna para persoas maiores ou persoas con discapacidade nesta zona, que afecta directamente á nosa asociación ADACECO. Así o centro de día da entidade permanecerá pechado, mentres que continuará con terapias individuais a través de cita previa.

Así mesmo, estas medidas tamén inclúen a suspensión das visitas e saídas das persoas residentes en centros residencias de persoas maiores e persoas con discapacidade. Ambas medidas continuarán vixentes ata que a administración autonomica considere que as condicións son favorables.

 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19