Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Crear unha asociación

Os estatutos de FEGADACE recollen que existen cinco entidades socias fundadoras: ADACECO na Coruña, ADACE Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago de Compostela. Todas elas aspiran a incrementar os recursos de atención ao DCA e a cobertura dos mesmos tanto a través do seu propio crecemento como a través do impulso de novas asociacións.

A Federación e as súas asociacións apoiarán e asesorarán a calquera colectivo de familiares, coidadores/as e/ou de persoas con dano cerebral adquirido para a súa constitución legal no marco dos valores e misión que guían o traballo do movemento asociativo establecido en torno a FEGADACE.

Entrada de ADACE Lugo