Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 02/08/2022 | Nadadores e nadadoras na 'Travesía Polo Dano Cerebral'

Crónica visual da Travesía a Nado Polo Dano Cerebral (Vilaxoán, 16 de xullo)

Un dron seguiu ás nadadoras e nadadores para rexistrar as mellores imaxes da proba deportiva.

02/08/2022 | Vilagarcía de Arousa

Un dron seguiu ás nadadoras e nadadores participantes na Travesía a Nado Polo Dano Cerebral, que organizamos o pasado 16 de xullo, coa axuda de Arousaman e do nadador Aitor de Luis, en Vilaxoán.
 
No vídeo pódense ver as mellores imaxes da proba deportiva e do ambiente na Praia do Preguntoiro, e tamén escoitar aos presidentes de FEGADACE e de Arousaman, así como ás representantes das tres administracións que apoiaron a Travesía: o Xacobeo 21-22, a Consellería de Política Social e Xuventude, e o Concello de Vilagarcía de Arousa.
 
 

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Educación para a saúde > Prevención do dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)