Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | | Unha persoa escribindo

Cuestionario sobre a situación das persoas con dano cerebral e as súas familias

FEDACE e o Ministerio de Sanidade están realizando un estudo sobre as súas necesidades.

16/07/2020

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), a través do Observatorio Estatal de Daño Cerebral e xunto co Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais, está a realizar unha investigación sobre a situación e necesidades das persoas con dano cerebral e as súas familias.

Para a súa realización, solicitan a colaboración de persoas con dano cerebral, así como das súas familias e das súas coidadoras informais. Para iso prepararon unha consulta que aborda diversos tema relacionados coa calidade de vida e a inclusión social das persoas con dano cerebral. Trátase dun breve formulario cuxas respostas serán totalmente anónimas.

As consultas pódense completar a través das seguintes ligazóns:

Formulario para persoas con Dano Cerebral: http://consultapersonasdca.interencuestas.es

Formulario para familiares e/ou persoas coidadoras informais no ámbito do dano cerebral: http://consultafamiliasdca.interencuestas.es

FEDACE agradece enormemente a colaboración con este estudo.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Federación Española de Daño Cerebral