Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 12/06/2019 | Convocatoria da benvida a Jon Karla en Santiago

De Roma a Santiago para concienciar e 'abrir camiño ao dano cerebral'

O 22 de xuño recibiremos na Praza do Obradoiro a Jon Karla, de ATECE Araba, que remata a súa peregrinación.

12/06/2019 | Santiago

Jon Karla, persoa con dano cerebral adquirido, voluntario, socio e membro da Xunta Directiva de ATECE Araba, saía o 7 de xuño de Roma acompañado do seu amigo Jorge con tres obxectivos: concienciar sobre o dano cerebral, recadar fondos para a súa asociación, e chegar a Santiago de Compostela. Iso si, a pé, a través do camiño de Santiago.

As dúas primeiras metas xa foron conseguidas, e está previsto que a terceira se consume o día 22 de xuño. É por iso que chamamos a acudir á compostelá Praza do Obradoiro a recibilo xunto con membros de Sarela e da propia ATECE Araba (hai 40 persoas da entidade de respiro en Cuntis), desprazados a Santiago para a ocasión. A súa chegada está prevista arredor das 11:00 da mañá. Ás 11:30 a concelleira de Políticas Sociais, Milagros Castro, oficiará unha recepción no Concello de Santiago.

Recadación de fondos

Os 105 días e 2.716 quilómetros de ruta xacobea queren sensibilizar pero tamén recadar fondos para a asociación alavesa de dano cerebral. Esta recadación realízase a través da compra de quilómetros de peregrinación, que se pode realizar na entidade ou desde a web www.atecearaba.org.

Jon Karla e Jorge levan realizando crónicas escritas e fotográficas da súa viaxe desde a mesma saída de Roma. Tamén se poden ver na web de ATECE Araba.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización