Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 01/04/2023 | Usuarias de ADACE cultivando o novo horto

A Deputación de Lugo cede un horto a ADACE Lugo nas beiras do río Rato

Un grupo de persoas usuarias de ADACE Lugo acode ao horto de maneira regular e grupal todo os xoves dende finais de marzo.

01/04/2023

As persoas participantes nas actividades de lecer e inclusión social de ADACE Lugo contan con unha nova posibilidade de acción na comunidade. A deputación de Lugo cedeu á asociación un horto situado nas beiras do río Rato no que se pode preparar e cuidar a terra e cultivar todo tipo de verduras e legumes. 
 
Polo momento xa se plantaron leitugas, cebolas, acelgas, tomates e pementos. E está sendo unha experiencia moi positiva e educativa. E agora toca regar, limpar as herbas e coidar o plantado para poder probalo canto antes. 

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)