Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 22/04/2021 | Terapia acuática en Alento

Dez datos da Memoria de Actividades que resumen o traballo de FEGADACE en 2020

Un período marcado pola pandemia e pola adaptación de terapias e actividades ás medidas de prevención.

22/04/2021 | Galicia

FEGADACE comezou 2020 cunha planificación de actividades que pronto se viu primeiro interrompida e despois determinada pola pandemia da COVID-19. Estes son os dez principais datos da Memoria de Actividades do ano pasado.
 
1. 20 aniversario do movemento asociativo:
O que ía ser un ano de festa para conmemorar as dúas décadas do nadacemento de ADACECO, Alento e Sarela quedou reducido á organización dun debate online previo ás eleccións ao Parlamento de Galicia e á edición dun libro e vídeo conmemorativos titulados 'Eu non son o meu dano cerebral adquirido'.
20 aniversario do movemento asociativo
2. Equipamentos técnicos, terapéuticos... e hixiénicos:
Unha das liñas de traballo previstas era a adquisición de equipamentos técnicos e terapéuticos para as asociacións de dano cerebral. Ademais, boa parte do orzamento previsto para outras actividades -que á súa vez tiveron que ser suspendidas- foi destinado á compra de máscaras, produtos de desinfección, mamparas e demais dispositivos de protección fronte a contaxios.
Adquisición de equipamentos
3. Plan Estratéxico 2020-2023:
A Federación mantivo a previsión de elaboración e posta en marcha do Plan Estratéxico 2020-2023, o máis ambicioso ata o momento tanto por liñas como por vixencia. As mesas de traballo e reunións trasladáronse ao eido virtual.
Elaboración do Plan Estratéxico 2020-2023
4. Atención terapéutica especializada:
Coas adaptacións necesarias en cada momento, as asociacións continuaron traballando pola recuperación funcional e autonomía persoal.
Resumo atención terapéutica 2020
5. Inclusión social:
Este ámbito viuse moi afectado polas restricións para o control do coronavirus, ao estar centrado no desenvolvemento de actividades de lecer e inclusión a través da participación no contorno comunitario. Co Estado de Alarma buscouse crear grupos a través das novas tecnoloxías, así como participar por esa vía en actividades públicas.
Resumo inclusión social en 2020
6. Información, orientación e apoio ás familias:
Tamén con adaptacións, a actividade mantívose co obxectivo de mellorar a continuidade asistencial trala irrupción do dano cerebral na vida das familias.
Resumo información, orientación e apoio 2020
7. Día do Dano Cerebral e Premio FEGADACE-Miguel Blanco:
As actividades públicas substituíronse por fotografías, vídeos, campañas en redes... A Fundación María José Jove agradeceu o 8º Premio FEGADACE-Miguel Blanco nun vídeo publicado despois do Día do Dano Cerebral.
Día do Dano Cerebral e Premio FEGADACE 2020
8. Xornadas e Simposio virtuais:
As dúas citas destinadas a profesionais, das asociacións e de fóra das mesmas, para a divulgación de coñecemento sobre o dano cerebral, celebráronse telematicamente. Foron as Xornadas sobre o Dano Cerebral, con 276 asistentes, e o Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral, con 136.
Xornadas e Simposio 2020
9. Hixiene Oral e Dano Cerebral:
A colaboración coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais foi moi frutífera: vídeos, titoriais para as familias -en substitución de obradoiros-, folletos para dentistas e para persoas con dano cerebral, e unha web foron os resultados desta liña de traballo.
Actividades saúde oral 2020
10. Guía para familias:
A guía 'Cousas que debes saber sobre o Dano Cerebral Adquirido cando o teu familiar está no hospital' continuou o seu aproveitamento e percorrido en 2020 coa tradución ao castelán e a súa adaptación audiovisual, pendente de estrea.
Actividades guía de familias 2020
 
 

Arquivada en:
Transparencia > Rendición de contas
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)