© FEGADACE | | Actividade grupal no centro de día de ADACE Lugo
Dez programas para a inclusión e calidade de vida grazas á X Solidaria
FEGADACE e as súas asociacións obteñen financiamento a través da convocatoria de Política Social.
FEGADACE e as súas cinco asociacións desenvolven ao longo de 2021 dez programas destinados, desde diferentes abordaxes, á inclusión e calidade de vida das persoas e familias con dano cerebral grazas aos fondos resultantes da recadación efectuada a través do IRPF das persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda. Estes programas van desde o desenvolvemento persoal, benestar físico e relacións interepersoais ata a accesibilidade, a mellora dos equipamentos dos centros de atención, e mesmo a prevención e sensibilización sobre o dano cerebral.
A Consellería de Política Social xestiona os fondos recadados a través da X Solidaria que se invisten nos programas e proxectos das entidades sociais galegas. O reparto fíxose público en xaneiro e FEGADACE e as súas asociacións resultaron beneficiarias dun total de 529.217,46 euros que se van investir en dez programas que xa comezaron a súa rodaxe. Trátase dos seguintes:
Benestar físico e emocional. Executado nas asociacións, ten como obxectivo a mellora da autonomía das persoas con dano cerebral a través da mellora física -nos servizos de fisioterapia- e cognitiva -coa intervención neuropsicolóxica-.
Relacións Interpersoais. Na liña do anterior, e tamén executado desde as asociacións, o programa fomenta o desenvolvemento comunitario e a participación social incidindo na mellora das habilidades sociais e das relacións persoais. Trabállase desde a educación social.
Desenvolvemento persoal. Este programa traballa igualmente para o fomento da autonomía a través da capacitación a nivel de comunicación (desde a logopedia) e da realización das Actividades Básicas da Vida Diaria (mediante a Terapia Ocupacional). Desenvólvese en ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela.
Promove, Entende, Actúa. Desenvolvido pola Federación, ten como obxetivo principal informar e sensibilizar á sociedade galega sobre o dano cerebral adquirido e a súa prevención, e, máis especificamente, capacitar tanto ás persoas coidadoras informais como aos grupos profesionais implicados na atención integral a esta discapacidade para o desenvolvemento óptimo da súa función. Inclúe charlas formativas, actividades culturais e xornadas divugativas.
Mobilidade e accesibilidade. Programa deseñado para garantir o acceso aos servizos das cinco asociacións de dano cerebral prestando un servizo de transporte adaptado ás súas persoas usuarias.
Stop Fenda Dixital. FEGADACE e as súas asociacións teñen como obxectivo dotar de recursos e medios tecnolóxicos, así como de formación sobre o seu uso, ás persoas e familias con dano cerebral adquirido.
Información e apoio para o benestar material. O obxectivo desta liña de traballo é informar, atender e asesorar ás familias coidadoras desde o ámbito do traballo social, asesorando sobre o acceso a recursos de apoio e outros trámites.
Información e apoio para o benestar emocional. Este programa busca mellorar a adaptación das persoas coidadoras á nova realidade desde o ámbito da psicoloxía, realizando tamén intervencións informativas tanto con familias como con grupos de risco.
Fortalecemento estrutural dos recursos de atención a persoas con dano cerebral mediante a adquisición de equipamentos especializados. Dotación de equipamentos informáticos, mobiliario adecuado e materiais específicos para as diferentes áreas da rehabilitación.
Fortalecemento da capacidade estrutural dos recursos de atención ao dano cerebral en Galicia, a través da adquisición de materiais e equipamentos especializados enfocados á cardioprotección. Con el, as cinco asociacións dotaranse de desfibriladores semiautomáticos (DESA).