Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Escola Galega de Saúde para Cidadáns | 05/11/2021 | Imaxe do vídeo do Día da Persoa Coidadora

Día da Persoa Coidadora: orientación para a atención e autocoidado

FEGADACE repite colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns en 'O experto responde'.

05/11/2021 | Galicia

Hoxe, 5 de novembro, conmemoramos o Día da Persoa Coidadora. Os coidadores e coidadoras xogan un rol fundamental na atención ao dano cerebral. A nosa discapacidade chega de maneira repentina á vida da persoa, pero tamén da súa familia. Todo o contorno da persoa con dano cerebral precisa pautas para adaptarse á nova situación, buscar apoio e recursos, e non esquecer o autocoidado.
 
FEGADACE colabora coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da ACIS, e á súa vez do Sergas) a través da sección 'O experto responde' cun vídeo no que se achegan pautas dirixidas aos coidadores e coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido. Parte delas diríxense á atención e orientación na fase hospitalaria, cando se inicia o percorrido da persoa con dano cerebral, e outras serven para dar continuidade na volta á casa.
 

O experto responde

Trátase da cuarta colaboración entre a Federación e a Escola este ano. Antes publicáronse:
 
 

As coidadoras de persoas con dano cerebral

A primeiros de 2021 FEGADACE publicaba os resultados do estudo 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'.

O perfil maioritario de persoa coidadora é o dunha muller de 56 anos que atende ao seu marido, que tivo un ictus. A súa saúde e calidade de vida vense totalmente afectadas polo labor de coidar, moitas delas encárganse en solitario desta tarefa e máis da metade padecen ansiedade ou estrés.

A Federación elaborou un caderno que, ademais das principais conclusións, recolle unha serie de recomendacións para mellorar a situación das persoas coidadoras. Poden consultarse aquí:
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)