Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | | Actividades das asociacións polo Día do Dano Cerebral 2019

Día do Dano Cerebral: ducias de iniciativas das asociacións polo 26 de outubro

ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela sacan o DCA á rúa para conmemorar o seu día grande.

21/10/2019 - 31/10/2019 | Galicia

O movemento asociativo articulado en torno a FEGADACE organiza ducias de actividades para conmemorar o Día Nacional do Dano Cerebral (26 de outubro). O groso de iniciativas céntranse na vindeira semana, pero tamén hai programación para o Día do Ictus (29 de outubro) e máis alá.

Ademais, FEGADACE organiza as súas propias actividades desde o vindeiro martes, 22 de outubro. Poden consultarse neste post.

Este é un repaso por todas as convocatorias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela:

Ciclo de charlas nos Centros Socioculturais (Santiago)

Programa de encontros informativos sobre o dano cerebral nos centros socioculturais dos barrios e aldeas de Compostela. Máis información en www.sarela.org.
Lugar: Rede de Centros Socioculturais (Santiago)
Data: 11/10/2019 a 14/01/2020
Hora: consultar axenda
Asociación: Sarela

Exposición de Autorretratos (Vigo)

Selección de autorretratos realizados polas persoas usuarias do centro nos diferentes obradoiros de Alento.
Lugar: Alento (Vigo)
Data: 21/10/2019 a 27/10/2019
Hora: 09:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00 (luns a venres)
Asociación: Alento

Obradoiro de Hixiene (Ourense)

Sesión formativa dirixida a familiares e persoas usuarias sobre pautas, habilidades e carencias observadas pola asociación ourensá, impartida polas súas profesionais.
Lugar: Aixiña (Ourense)
Data: 22/10/2019
Hora: 17:30 a 19:00
Asociación: Renacer

Mostra Bibliográfica (Vigo)

Exposición de libros e películas sobre o dano cerebral adquirido.
Lugar: Biblioteca Pública Juan Compañel (Vigo)
Data: 22/10/2019 a 29/10/2019
Hora: 09:00 a 20:30 (luns a venres) e 10:00 a 14:00 (sábados)
Asociación: Alento

Mostra Bibliográfica (Vigo)

Exposición de libros e películas sobre o dano cerebral adquirido.
Lugar: Biblioteca Neira Vilas (Vigo)
Data: 22/10/2019 a 29/10/2019
Hora: 10:30 a 14:00 e 17:00 a 20:30 (luns a venres) e 10:30 a 14:00 (sábados)
Asociación: Alento

Xornada de Portas Abertas en Alento (Vigo)

As portas da entidade ábrense para calquera persoa que queira coñecer como funciona unha asociación de dano cerebral adquirido.
Lugar: Alento (Vigo)
Data: 24/10/2019
Hora: 09:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00
Asociación: Alento

Asistencia á presentación dun estudo sobre o coñecemento do dano cerebral adquirido (Vigo)

Documento elaborado pola Plataforma Española polo Dano Cerebral Adquirido e a Fundación GMP.
Lugar: Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Data: 24/10/2019
Hora: 12:00
Asociación: Alento

Gala Solidaria de ADACECO (A Coruña)

Estrea da obra de teatro da compañía de ADACECO, ‘Sallon Rutis’, e actuacións estelares de Pedro Brandariz, o Mago Bruneti e Matías Cubilla.
Lugar: Centro Ágora (A Coruña)
Data: 24/10/2019
Hora: 20:30
Asociación: ADACECO

Alento na Rúa (Vigo)

Actividade para dar visibilidade ao DCA dirixida a escolares de diferentes centros educativos da cidade. Tamén se lerá o manifesto do Día do Dano Cerebral.
Lugar: Praza do Rei (Vigo)
Data: 25/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: Alento

Mesa informativa sobre o dano cerebral (Ourense)

Lugar: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Ourense)
Data: 25/10/2019
Hora: 10:00 a 14:00
Asociación: Renacer

Mesa informativa sobre o dano cerebral (Lugo)

Lugar: Hospital Lucus Augusti (Lugo)
Data: 25/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: ADACE Lugo

Mesa informativa sobre o dano cerebral (Burela)

Lugar: Hospital da Costa (Burela)
Data: 25/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: ADACE Lugo

Mesa informativa sobre o dano cerebral (Monforte de Lemos)

Lugar: Hospital Comarcal (Monforte de Lemos)
Data: 25/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: ADACE Lugo

Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral (A Coruña)

Lectura do manifesto coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e outras representantes institucionais.
Lugar: Praza de María Pita (A Coruña)
Data: 25/10/2019
Hora: 12:00
Asociación: ADACECO

Carpa informativa sobre o dano cerebral (Ourense)

Lugar: Rúa do Paseo, á altura do antigo Banco de España (Ourense)
Data: 26/10/2019
Hora: 10:00 a 19:00
Asociación: Renacer

Mesa informativa sobre o dano cerebral (Lugo)

Distribución de folletos informativos e photocall #CoDCA #ConelDCA.
Lugar: Praza Maior (Lugo)
Data: 26/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: ADACE Lugo

Andaina (Santiago)

Percorrido pola cidade vella ata a Praza do Obradoiro.
Lugar: Estatua das Marías da Alameda (Santiago)
Data: 26/10/2019
Hora: 11:30
Asociación: Sarela

Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral (Santiago)

Lugar: Praza do Obradoiro, diante da Casa do Concello (Santiago)
Data: 26/10/2019
Hora: 12:00
Asociación: Sarela

Lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral (Lugo)

Lugar: Concello (Lugo)
Data: 26/10/2019
Hora: 12:00
Asociación: ADACE Lugo

Paracaídas ‘LánzateConNós!’ (Lugo)

Lugar: Praza Maior (Lugo)
Data: 26/10/2019
Hora: 12:30
Asociación: ADACE Lugo

Iluminación do Pazo de Raxoi e das Torres Hejduk (Santiago)

Lugar: Praza do Obradoiro e Cidade da Cultura (Santiago)
Data: 26/10/2019
Hora: pola noite
Asociación: Sarela

Homenaxe do Basquet Coruña a ADACECO (A Coruña)

Aproveitando o partido do domingo, o club Basquet Coruña fai unha homenaxe a ADACECO.
Lugar: Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña)
Data: 27/10/2019
Hora: 12:00
Asociación: ADACECO

Mesa informativa sobre o ictus e o DCA (Santiago)

Día Mundial do Ictus.
Lugar: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Santiago)
Data: 29/10/2019
Hora: 10:00 a 13:00
Asociación: Sarela

Mesa informativa sobre o ictus e o DCA (Ribeira)

Día Mundial do Ictus.
Lugar: Hospital da Barbanza (Ribeira)
Data: 29/10/2019
Hora: 10:00 a 13:00
Asociación: Sarela

Mesa informativa sobre o ictus e o DCA (A Estrada)

Día Mundial do Ictus.
Lugar: Centro de saúde (A Estrada)
Data: 29/10/2019
Hora: 10:00 a 13:00
Asociación: Sarela

Mesa informativa sobre o ictus e o DCA (Arzúa)

Día Mundial do Ictus.
Lugar: Centro de saúde (Arzúa)
Data: 29/10/2019
Hora: 10:00 a 13:00
Asociación: Sarela

Mesa informativa sobre o ictus e o DCA (Vigo)

Día Mundial do Ictus.
Lugar: Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Data: 29/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: Alento

Scape Room (Vigo)

Xogo no que para escapar das instalacións de Alento hai que resolver diferentes enigmas e seguir pistas e indicios. Dirixido a centros escolares.
Lugar: Alento (Vigo)
Data: 30/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: Alento

Scape Room (Vigo)

Xogo no que para escapar das instalacións de Alento hai que resolver diferentes enigmas e seguir pistas e indicios. Aberto a todas as nenas e nenos que queiran asistir.
Lugar: Alento (Vigo)
Data: 31/10/2019
Hora: toda a mañá
Asociación: Alento

Lugar de celebración:

Santiago | Vigo | Ourense | A Coruña | Lugo | Burela | Monforte de Lemos | Ribeira | A Estrada | Arzúa

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Día Nacional do Dano Cerebral